quinta-feira, outubro 26, 2006

As Augas de Outono enchen Sigüeiro

Outra volta as augas do Tambre cubren as marxes do rio, en Sigüeiro, coma aconteceu sempre, ainda que agora moitos/as teñen os pisos à beira das augas...

Agardemos que tamén coma sempre, estas enchentas non cheguen a maiores, coma en Cee, onde a especulación urbananística xunto às consecuéncias máis nefastas dos incéndios forestais, é a responsável de que haxa centos de galegos a valeirar a auga da casa con caldeiros.

E logo dirán os da TV que hai seca, e que en Murcia non hai auga para tanto tomate...

Máis fotos de Sigüeiro...