NON nos queren nen en Compostela nen en Oroso. Pidamos pois a INDEPENDENCIA, SECESIÓN, República Independente da Barciela, Sitio Distinto, Lugar Diferenciado, Parroquia Rural como outras tantas à beira de cidades e vilas que nos cobran IMPOSTOS e non nos dan servizos a penas.
Viciños da Barciela uniremo-nos algun día para reclamar solución a tanto ABANDONO RURAL: infraestructuras ruinosas, contaminación, feísmo urbanístico, caos xeral, envellecimento, falta de recursos, perspectivas de todo tipo...?
Estexamos en Oroso ou en Santiago de Compostela os problemas son os mesmos. Políticos dun lado e do outro do rio Tambre xa nos deron a espalda. Só nos queda a rebelión cidadá de RECLAMAR O QUE É XUSTO. Pagamos impostos e NIGUÉN MIRA POR NÓS. INDEPENDENCIA LOGO PRÁ BARCIELA. SANTO ANDRÉ DA BARCIELA, diria o cura vello do PADRE CASARES. Quizá el argallaria algo nesta encrucillada. De momento alguén terá que pagar as costas xudiciais. U-LOS PROMOTORES DE TAN BRILLANTE INICIATIVA?. Debaixo das pedras. Ninguén saben ren...
Links de última hora:
Por Sigüeiro pasa lixeiro BLOG!
Por SiGüEiRO pasa Lixeir@ BLOG!. Bitácora da XENTE da xente que escapa de SIGÜEIRO. Santo André da Barciela. A Coruña. Galiza
quinta-feira, novembro 20, 2008
quinta-feira, julho 05, 2007
NACE SIGÜEIRO.COM : o Portal web de Sigüeiro
Hoxe 5 de Xullo de 2007 ven de nacer Portal web de Sigüeiro, SIGÜEIRO.COM.
Abre-se apartires de hoxe un CONCURSO DE IDEIAS co obxecto de que todas as persoas e entidades de Sigüeiro que queiran participar na confección do síto web, aporten as suas opinións,
comentarios ou suxeréncias para a confección da páxina web.
Asique, se es de Sigüeiro, vives ou traballas alí, es membro dalgunha asociación cultural ou veciñal, tes unha empresa ou negócio en Sigüeiro, e che interesa participar na creación do seu portal de internet; podes comenzar por escreber ao seguinte e-mail: sigueiro@wanadoo.es
|
quinta-feira, outubro 26, 2006
As Augas de Outono enchen Sigüeiro
Outra volta as augas do Tambre cubren as marxes do rio, en Sigüeiro, coma aconteceu sempre, ainda que agora moitos/as teñen os pisos à beira das augas...
Agardemos que tamén coma sempre, estas enchentas non cheguen a maiores, coma en Cee, onde a especulación urbananística xunto às consecuéncias máis nefastas dos incéndios forestais, é a responsável de que haxa centos de galegos a valeirar a auga da casa con caldeiros.
E logo dirán os da TV que hai seca, e que en Murcia non hai auga para tanto tomate...
Máis fotos de Sigüeiro...
Agardemos que tamén coma sempre, estas enchentas non cheguen a maiores, coma en Cee, onde a especulación urbananística xunto às consecuéncias máis nefastas dos incéndios forestais, é a responsável de que haxa centos de galegos a valeirar a auga da casa con caldeiros.
E logo dirán os da TV que hai seca, e que en Murcia non hai auga para tanto tomate...
Máis fotos de Sigüeiro...
sexta-feira, julho 21, 2006
SIGÜEIRO-BEIRUT
ATENTADO EN SIGÜEIRO
Na parte orosán de Sigüeiro, puxeron hoxe un petardo. Digo petardo porque se se compara coa que esta a caer no Líbano ISTO só parece obra duns alucinados aparvados. O perfil dos iluminados poderia ser similar ao dos que xa remataron no cárcere por atentar en vésperas das Festas do Apóstolo o ano pasado. Celebraremos este ano o dia da Pátria tranquilos? Ou haverá que agardar novos despropósitos?.
Alguns xa se aventuraron a buscar culpáveis no "independentismo" e pode que teñan razón se con esa verba se refiren aos mesmos que eu alcumo de "alucinados" e que non por iso merecen menos castigo. Desde aqui o meu recordo das espantosas imaxes que me chegan por e-mail da cidade abrasada de Beirut paraiso noutrora onde mesmo tocaron artistas galegos comos OS TAMARA e PUCHO BOEDO.
Alguns malcheirentos neste pais tamén queren empregar a violéncia e reducir a cascallos parte das nosas vilas. Con eles, aprendices de sionistas, faria unha viñeta se o tema non fose tan triste e patético. Agardo coma a maioria que estes delincuentes rematen en prisión, e por favor que non lles deixen CANTAR en concursos televisivos!
En Sigueiro coma en Beirut queremos PAZ e LIBERDADE.
Dixen.
Links relacionados:
Nova en Vieiros:
http://vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=51530
Fotos da Desfeita:
http://www.lavozdegalicia.es/albumes/galeria.jsp?album=2006720141337
sábado, junho 17, 2006
O estado lamentável do Refuxio de Sigüeiro
O Refuxio de Sigüeiro: Vertedoiro de Lixo
By Miguel Edreira
| |||||||||||
| |||||||||||
|
Verdegaia: Asociación Ecoloxista Galega e Independente
http://www.verdegaia.org/
segunda-feira, novembro 07, 2005
Máis fotos de Sigüeiro e a Barciela na rede
segunda-feira, outubro 17, 2005
Subscrever:
Mensagens (Atom)