ATENTADO EN SIGÜEIRONa parte orosán de Sigüeiro, puxeron hoxe un petardo. Digo petardo porque se se compara coa que esta a caer no Líbano ISTO só parece obra duns alucinados aparvados. O perfil dos iluminados poderia ser similar ao dos que xa remataron no cárcere por atentar en vésperas das Festas do Apóstolo o ano pasado. Celebraremos este ano o dia da Pátria tranquilos? Ou haverá que agardar novos despropósitos?.
Alguns xa se aventuraron a buscar culpáveis no "independentismo" e pode que teñan razón se con esa verba se refiren aos mesmos que eu alcumo de "alucinados" e que non por iso merecen menos castigo. Desde aqui o meu recordo das espantosas imaxes que me chegan por e-mail da cidade abrasada de Beirut paraiso noutrora onde mesmo tocaron artistas galegos comos OS TAMARA e PUCHO BOEDO.

Alguns malcheirentos neste pais tamén queren empregar a violéncia e reducir a cascallos parte das nosas vilas. Con eles, aprendices de sionistas, faria unha viñeta se o tema non fose tan triste e patético. Agardo coma a maioria que estes delincuentes rematen en prisión, e por favor que non lles deixen CANTAR en concursos televisivos!
En Sigueiro coma en Beirut queremos PAZ e LIBERDADE.
Dixen.
Links relacionados:
Nova en Vieiros:
http://vieiros.com/nova.php?Ed=1&id=51530Fotos da Desfeita:
http://www.lavozdegalicia.es/albumes/galeria.jsp?album=2006720141337