sábado, junho 17, 2006

O estado lamentável do Refuxio de Sigüeiro

O Refuxio de Sigüeiro: Vertedoiro de Lixo

By Miguel Edreira

O Refuxio de Sigüeiro


Xa havia tempo que non ia por ali, e nesta finde din en ir amosar-lle as "marabillas" do lugar onde vivo, e rematamos sen poder remexer-nos entre os que lavavan os platos do churrasco con fairy nas augas do rio, botellas de refrescos e lixo esparecidos por todo o lugar, velaqui a miña denúncia fotográfica. Algunhas fotos amosan a beleza estragada por domingueiros con pegatas de NUNCA MAIS no coche...
Inicio Anterior
Presentación Diapositivas







Seguinte Fin
Estado de lamentável abandono do "Refuxio", un lugar fermoso no rio Tambre.

A xente que alí fai parrilladas e merendas (e que logo lava con Fairy os platos no rio), os viciños que non fan nada máis que reclamar que as suas leiras de carón do rio sexan urbanizaveis e o Concello de Santiago de Compostela asemade coma Xunta e Seprona (que fan deixación das suas obrigas de protección do medio ambiente) son Culpaveis por igual deste estado de cousas.

Desde aqui reclamamos a limpeza do rio Tambre e a proibición de parrilladas e similares se non se garantiza o respeto polo medio.



Por Sigüeiro Pasa lixeiro

Links Relacionados:

Verdegaia: Asociación Ecoloxista Galega e Independente

http://www.verdegaia.org/

segunda-feira, novembro 07, 2005

Máis fotos de Sigüeiro e a Barciela na rede

Máis fotos na rede grazas a Yahoo e o seu Flickr
Galeria de Fotos de Sigüeiro en Flickr

segunda-feira, outubro 17, 2005

Galeria de Fotos de Sigüeiro en Flickr


sexta-feira, agosto 19, 2005

Por Sigüeiro Pasa Lixeiro está en obras!


Por Sigüeiro Pasa Lixeir@, está en obras, mais cedo ou tarde teremos outravolta páxina @s que escapamos diariamente de Sigüeiro, sexamos daqui de toda a vida, ou fillos de adopción ou aluguer... teremos temáticas para todos os gostos, desde sección adicada à desfeita urbanística da parte orosán de Sigüeiro, a locais de movida, información de interese local , a história da parróquia da Barciela , galerias fotográficas e foros de discusión... Este mesmo blog será un medio para que deixedes as vosas opinións e comentários.

O Editor.
E-mail para colaborar: sigueiro@wanadoo.es
Por Sigüeiro pasa Lixeiro BLOG!